14 de jun de 2012

En Piñeiro o vindeiro 16 de maio ás 16 h, festibilla-torneo do verán

Bezoucos. No San Xoán chuvioso de 2012 iniciamos nova andaina coa CBB.
Mal tempo e boa cara para os abertos de billa do verán. Facendo realidade o acordo do aberto das Fragas, levaremos a cabo a Festibilla de Verán a tres xornadas: .
O sábado 16 de maio ás 16 h na pista do Casino, en Piñeiro-Mugardos, Aberto do Festifolk. Participa e goza do noso deporte favorito.


Programa do Festifolk 2012:
Primeira vez que Os da Troula participará neste festival.
Actuarán:
-Ce orquesta pantasma.
-Os da Troula.
-No Cómbaro.
-Assembly Point.
-Estimaba que viñeras.

Dende as 9 da mañá haberá feria de artesania,xogos populares.....
As 14:00 xantar popular....
As 16 campionato de billa....
E a partir das 21 horas......TROULAAAAAAAAAAAAA

Acampada gratiuta para todolos festivaleiros!!!!

16 de mai de 2012

Aberto polas Fragas do Eume en Piñeiro o vindeiro 19 de maio ás 19 h

Bezoucos. Bon tempo e chegan os abertos de billa do verán para gozar do noso deporte favorito.
O sábado 19 de maio ás 19 h terá lugar na pista do Casino, en Piñeiro-Mugardos, o Aberto polas Fragas do Eume - Aberto da repesca!
Participa e de gañares, optarás ás finais de Conxo o vindeiro 27 de maio.

25 de nov de 2011

Inscrición na liga 2011-2012. Tod@s a billar!!


Ábrense as inscricións da Conferencia bezouqueira de billa (CBB) ata o mércores 30 de novembro
Publicarase neste blog a lista provisoria de persoas inscritas o 1 de nadal
Para decidir o horario fixo das xornadas envíanos un correo a "lnbezouqueira arrouba gmail punto com" e indica a túa preferencia: mañá 10.30 h tarde 19 h // sábado ou domingo
Anímate! Este ano hai Super-premios LNB para os gañadores da xornada, quen queira velos están a exposición no "Mesón-Restaurante A Lareira". Saúde e Billa!!

15 de jul de 2011

O 16 de xullo ás 17.30h III Abertiño Ártabro de Billarda

Bezoucos.- Non perdades o novo evento na banda de Narón. No Festival da Terra e da Lingua terá lugar un ano máis este miniaberto do verá mariñá. Apertade as cinchas que veñen as billas! E a música que xa comeza hoxe. Adiante co aberto!!

2 de jun de 2011

Chegan os Abertos do verán: O Pote e Festifolk

Bezoucos. Achégase o bon tempo e comezamos a achegarnos ós abertos de billa do verán. A primeira estrea será en Maniños, na churrascada que organiza a comisión de festas da parroquia fenesa. Unha oportunidade para achegarnos ó Pote e gozar das súas excelentes instalacións para practicar o noso deporte favorito.
O espazo xa coñecido polos afeccionados e palanadores localízase na pista da Sociedade O Pote de Maniños. A partir das 17.00 h, logo dunha churrascada antolóxica haberá billas polo aire nas terras bezouqueiras! 
Ademais, o vindeiro 18 de xuño teremos na pista do Casino un novo Aberto do Festifolk! Máis novas nas vindeiras datas.

27 de mai de 2011

Clasificacións para as finais de Conxo

Bezoucos.-  As clasificacións para participar en Conxo son a seguintes
Individual: Xan, Pablo Louzao, Fran Anido, David, Serxio, Xosé Manuel, Manel, Ramón, Cheiw, Mon, Cristian, Iago. Reservas: Nelson e Miro. 
Feminina: Bea, Ana Carballeira, Inés.
Varados: Daniel Saavedra, Kiko Allegue Lopez, Doce, Iván e Xan.
Equipos: Bateas e Festifolk

19 de abr de 2011

7ª Xornada o 24 de abril no na SCRD de San Xoán

Bezoucos. Achégase a última xeira da liga de billa na comarca do Eume prevista para o vindeiro domingo 24 de abril de 2011.
Con auga á vista teremos abertas as opcións para ir ao enxoito no pavillón do Cristo. Xa di o refrán: abril quente e mollado, carga o carro e enche o gado.
O espazo xa coñecido localízase na pista da Sociedade mugardesa de San Xoán. A pista do Casino recibirá a chegada dos palanadores/as de todos os puntos da terra a partir das 11.00 h, momento en que se abrirá o prazo de inscrición na pista e comezará a xornada oficial ás 12.00 h. A puntualidade sempre presente!
A clasificación para Compostela está desputadísima!!
Atent@s ao blog e non esquenzades preinscribirvos!